Páginas

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Enlaces para o proxecto; outono, medio e materia.

                     
  
 
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285227472/contido/index.html
 
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/la_energia/energia/energia.html
 
 
TIPOS DE ENERXÍA.

FONTES DE ENERXÍA.
 
Á DEGRADACIÓN DO MEDIO AMBIENTE
 
 
CANCIÓN
 
 
                                                               CAMBIO CLIMÁTICO.


                                                             PAPEL RECICLADO.

                                                      MANUALIDADES - RECICLADOS.


jueves, 17 de noviembre de 2016

Premios.

 
2 finalistas de sexto.
Temos dous alumnos de sexto finalistas do Concurso de Debuxo de legumes. O Liceo de Pontevedra acolle desde onte a mostra dos preto de 400 debuxos participantes na edición deste ano que se convocou con motivo do ano internacional dos legumes. Ao concurso presentáronse colexios das catro provincias galegas, de Madrid ou Castellón.
Entre todos os finalistas, 5 en cada categoría, atópanse dous alumnos de sexto de Educación Primaria: Manuel Peteiro e  Hugo Garrido. Eles súmanse a outros dous compañeiros de 3º e un de 5º de primaria aos que lle damos os parabéns.
Esta é a segunda vez que alumnos de sexto atópanse entre os finalistas deste certame que cada ano convoca a Misión Biolóxica de Galicia integrada por diferentes organismos. Precisamente hai un ano, Beatriz Boo e Carla Barreiro lograban ser finalistas cos seus debuxos. 
 
O venres 18 de novembro o Liceo Casino acollerá ás 19:00h un acto dirixido ao alumnado participante no concurso e ao público en xeral durante a cal Anxo Soto García, profesor do CIFP Carlos Oroza, impartirá unha charla sobre os legumes e farase público o fallo cos gañadores. Todos os Colexios participantes serán recoñecidos con diplomas finalistas. En canto aos premios, entregarase un primeiro e un segundo por categoría. Convidámosvos a participar no acto.  
Para os que visitedes o Liceo ao longo destes días, poderedes ver expostos, ademais dos finalistas, todos os debuxos enviados polo Colexio de Placeres.  

 
 
Samaín.
Con motivo da tradicional festa de Saimaín, o Colexio convocou o concurso de cabazas coa finalidade de festexar esta festa ancestral e promover a creatividade dos alumnos a través de manifestacións artísticas. Coma sempre o concurso amosou un alto nivel participativo e artístico. Esta ano a festa coincidiu próxima ao magosto así que non houbo mellor momento que esta para facer a entrega de premios aos gañadores das cabazas. Entre os gañadores tamén houbo un alumno de 6º de Primaria. Foi Hugo Garrido ao cal lle enviamos os nosos parabéns. Animamos tamén a todos os participantes a seguir participando e a aqueles que non o fixeron, a que o fagan.
 
 

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Exposición de proxectos.

Tras 13 días preparando o proxecto sobre España, esta semana tocou expoñer. A pesar dos nervos, hoxe todos sabemos máis de xeografía, de climas, de linguas do Estado, de acentuación, de obras literarias, de prefixos ... pero tamén imos mellorando no traballo en grupo, na expresión escrita e oral, na exposición en público, na cooperación, no respecto, nos esforzos compartidos ou na elaboración de diarios de aprendizaxe. Cada proxecto vai deixando en cada un de nós diferentes aprendizaxes que levaremos para o futuro.




 

martes, 1 de noviembre de 2016

Ano internacional dos legumes.

Con motivo do ano internacional dos legumes vimos de realizar algúns traballos de sensibilización. Ademais con estes traballos ilustramos a aula e seleccionamos algúns para participar no certame de debuxo e lema que organiza A Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galicia-CSIC e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro-Diputación de Pontevedra (Sistemas Agorforestais, Unidad Asociada á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). O Obxectivo é concienciar aos estudantes da súa importancia para a sociedade. 


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou 2016 como o Ano Internacional dos Legumes, o que dá a oportunidade de reinventar un produto cun gran valor. Faino a través da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), para sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sostible encamiñada a lograr a seguridade alimentaria.