Páginas

domingo, 4 de diciembre de 2016

Saída á Casa do Patrón. Lalín.

O pasado luns 28 de novembro deixamos as aulas para trasladarnos á Casa do Patrón (Lalín) que é o maior Museo Etnográfico de Galicia. Este Museo acolle nas súas diversas instalacións máis de 4000 pezas en exposición. A pezas son recollidas de antigos oficios artesáns xa case desaparecidos.
A casa do Patrón organiza máis de 15 talleres de actividades relacionados co queixo, a cestería, o pan, o barro, o senderismo, etc. Nós tivemos a oportunidade de realizar algúns deles resultando moi divertidos e didácticos. De volta cada alumno trouxo unha peza de barro e un queixo, ámbolos dous realizados no taller.
O tempo acompañou e a viaxe foi ben fermosa. Agora sabemos un pouco máis sobre estes oficios que non hai moito tempo eran comúns en toda Galicia.









 









 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario