Páginas

martes, 2 de junio de 2015

POESÍA GAÑADORA DO FRANCISCO AÑÓN. CONCELLO DE OUTES.

Esta é a poesía gañadora do Premio Francisco Añón do Concello de Outes. A autora é Natalia Farto Pastoriza de 6º de Educación Primaria. 


  CANDO ESCRIBO

Cando escribo 
non podo parar
estou nun mundo
onde me quero mergullar. 

Nalgún lugar máxico
do que non quero saír,
pois inventar historias
é do máis doado para min.

Pásome horas e horas
na miña habitación
mentres versos e estrofas
viaxan pola miña imaxinación.

Énchome de letras
ata querer estoupar.
Énchome de fantasías 
que poder contar.

Contos, poemas
libros, cancións
meigas, fadas
piratas e trolls.

Pasan os días
escribindo sen parar
disfrutando da escritura e
das letras que veñen e van.

Dáme igual o que digan,
o que pensen os demais
 apaixóname escribir
e cada día vou a máis.

Quero crear poemas
en galego e castelán,
quero escribir contos
en inglés e alemán.

Imaxino piratas 
chegando a unha illa,
ras encantadas e
princesas salvadas.

Un ogro nunha ponte
querendo asustar
aos nenos pequenos
que están a xogar.

Deixo palabras
na area das praias.
Deixo que as ondas
veñan levalas.

Viaxan os versos
cara outro lugar
como unha botella
cunha mensaxe especial.

Cando escribo
non podo parar
as palabras son infinitas
e van como brisa do mar.