Páginas

lunes, 7 de abril de 2014

Pomos fin ó segundo trimestre

Hola a todos. este segundo trimestre fíxosenos bastante curto xa que tivemos saídas e actividades que nos entretiveron e coas que puidemos gozar moito. Seguro que aínda recordades a excursión á Coruña. Tivo lugar en febreiro e nela visitamos o Acuario en primeira instancia. Alí coñecemos curiosidades sobre moi diferentes especies de peixes e miramos un tiburón tigre: Gastón.



Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar a que parte pertencía cada óso e...os dous grupos acertaron! Fixemos historia.

Demos unha pequena volta polo museo e a guía nos ensinou algúns dos artiluxios que empregan os biólogos mariños para saber máis destes nosos amigos os peixes.

Tras esta agradable visita dirixímonos ó Domus, que se atopaba no alto bastante preto de alí. No Domus merendamos e dispuxémonos a xogar e investigar que había que facer nos diferentes sitios. Eran tres pisos con xogos nos que había que utilizar moi diferentes habilidades. ¿Cal foi o voso favorito?


E pasando das excursións ós concursos...tamén participamos no Concurso Ecovoz e un grupo de alumnos tiveron a oportunidade de coñecer unha sala de grabacións de radio.


O Entroido este ano fíxose esperar un pouco máis, pero tivemos a sorte de gozar dun día soleado para festexalo (e máis se temos en conta o noso enclave privilexiado). As azafatas e pilotos de Placeres Airlines estiveron moi convincentes nos seus papeis. Foi unha xornada única!



Nestes enlaces podedes ver máis imaxes e vídeos recopilatorios deste entroido 2014:

Entrada no blog sobre o Entroido e vídeos

Entroido Placeres 2014

Estivemos e estamos de noraboa xa que un grupo de alumn"s das dúas clases quedou terceiro no concurso matemático Imatxina, para o que ademáis elaboramos unha Esponxa de Wenger.



Aquí está o resultado final:



Así, un trimestre máis xa voou e todavía nos queda este terceiro para desenvolver novas actividades que, de seguro, non defraudarán.

Recordade que podedes seguir as novas do colexio no seu blog: Blog SCPlaceres ou no Twitter Twitter SCPlaceres.