Páginas

martes, 29 de octubre de 2013

Celebración do Domund


Este ano comprometémonos de novo coa labor solidaria polo día do DOMUND. Traballamos o tema nas clases e visionamos un corto coa historia de Mao, unha nena que foi capaz de superar a súa dificultade grazas á súa fe, ó apoio da xente que estaba ó seu redor (familia, amigos...) e á labor solidaria que se estaba levando a cabo en Camboia para que as persoas que sofren as consecuencias da guerra teñan unha vida plena e feliz.


A nosa labor solidaria consistiu en comprometernos coa realidade do colexio e na casa: axudar ós compañeiros/as cando o precisen, compartir as cousas e os bos momentos, axudar máis nas tarefas do fogar...

Non só isto, senón que varios grupos de nenos/as se comprometeron a recaudar cartos para o Domund durante a fin de semana. ¡ Fixeron un excelente traballo! Grazas a todos/as por colaborar. Aquí os podedes ver na ceremonia que fixemos na capela:






E recordade, aínda que o día do Domund se celebrou o 20 de outubro debemos ser solidarios SEMPRE. 

Convivencia comezo de curso

O pasado 13 de setembro realizamos unha saída-convivencia á praia de Lourido todo o terceiro ciclo.
A saída resultou moi gratificante, xa que demos a benvida os alumnos de 5º de primaria e os de 6º foron os anfitrións.
Despois dunha pequena ruta, compartiron xogos e conversas.
Con isto demos comezo o novo curso escolar 2013-2014.